01/10/09

Brutal antisemitismo en Honduras

Hai uns días saltaba na presa a nova dunhas declaracións nas que o aprendiz de Chávez, Manuel Zelaya, afirmaba que "el Mossad trata de acabar conmigo mediante radiaciones de alta frecuencia y gases tóxicos", hoxe o seu portavoz, David Romero Ellner –director tamén de Radio Globo- reafírmase na delirante teoría conspirativa de Zelaya e vai aínda un chanzo máis alá, afirmando que Adolf Hitler estaba no correcto, e que foi unha desgraza que non poidese levar até as súas últimas consecuencias o exterminio total dos xudeus. David Romero Ellner, con certeza o novo herói a non tardar de certa “esquerda de salón/pacifista selectiva”, comezou a súa carreira como militante do vello Partido Comunista de Honduras, participando despois na fundación da Unión Revolucionaria del Pueblo -organización esta que foi autora de incontábeis atentados terroristas, como por exemplo o secuestro do voo 414 a Nova Orleans no ano 1981. Co paso do tempo, Davis Romero Ellner rematou militando nas filas do partido de Mel Zelaya, no que agora exerce como portavoz seica oficioso. Velaqui o audio da entrevista na que o locuaz Romero fai aberta apoloxía do xenocidio, do Holocausto nazi.
Grazas a Casa Akiva pola información