15/09/09

Non esquecemos Sderot



Durante a última viaxe organizada pola nosa Asociación a Israel, tivemos a ocasión de visitar e así poder amosar a nosa solidariedade, a vila de Sderot, na fronteira da Faixa de Gaza. Unha vila que como todo o mundo sabe -ainda que moitos non queren recoñecer- que vive permanentemente acosada pola ameaza de foguetes, de morteiros, de mísiles disparados indiscriminadamente contra a pobociación civil desde a Franxa de Gaza polo grupo integrista Hamas, pola Yihad islámica e outros moitos grupos terroristas palestinos. Pois ben, desde a Casa de Sderot, desde a asociación de axuda ás vítimas do terrorismo palestino, recibimos hoxe un correo de Rosh Hashaná moi especial para nós. E desde aquí, desde Galicia, desde a Asociación Galega de Amizade con Israel-A.G.A.I. reiteramos máis unha vez, a nosa profunda amizade e a nosa total solidariedade con Sderot, con todos os Sderot de Israel. Shaná Tová 5770!



***

Felicidades, qué sexades inscriptos no Libro da Vida para un ano bo e doce.
No nome do Consello para as Vítimas do Terrorismo, enviámoslles o noso gran agradecemento por lembraros de nós.
Daniel Nehorai Cohen, da Casa de Sderot.
As nosas actividades pasan sempre por dificultades polo que a vosa solidariedade e recordo danos alegría, en especial para todas as familias que atravesan por dificultades.
Co noso respeto, e coas beizóns de un ano bo e doce
.
...

תודה רבה על מה ששלחתם לנו דניאל נהוראי כהן מהבית של שדרות והמטה למען נפגעי הטרור אני שולח לכם ברכת שנה טובה תכתבו ותחתמו לשנה טובה ומטוקה אמן ואמן נשמח לשמוע ממכחם יותר ועם יש לכם אנשים שרוצים לעזור למשפחות במצב כלכלי קשה נשמח לקבל תרומתכם לעזרה כי לצערנו הפעילות שלנו בקשיים שנה טובה ומתוקה בכבוד ובברכה