O pasado día 10, unha delegación de AGAI formada por 22 persoas visitou a localidade israelí de Sderot. Aproveitando a nosa estadía en Israel achegámonos a Sderot para amosar a nosa solidariedade e amizade co castigado pobo de Sderot. Vítimas do terrorismo indiscriminado de grupos palestinos como Hamas e a Jihad islámica que desde a veciña Franxa de Gaza disparan a cotío mísiles kassam contra a poboación civil israelí. Lembrar que desde a retirada total israelí de Gaza no ano 2005, perto de 4000 misiles foron lanzados contra a vila fronteiriza de Sderot. Causando ate o momento 10 mortos e centos de feridos, ademais do terror psicolóxico que supón vivir coa ameaza constante. 15 segundos son os que teñen para unha vez detectado o lanzamento do mísil desde Gaza tentar atopar un refuxio seguro. A vila de Sderot fica chea de refuxios blindados nas rúas e parques.
A delegación de AGAI foi recibida na Fundación Sderot onde o seu presidente, Pedro Gómez-Valadés fixo entrega dunha figura de Sargadelos -unha pomba da paz- cunha placa na que podía lerse: "En Solidariedade e Amizade co Pobo de Sderot". Posteriormente visitamos a sede da policia de Sderot onde se almacenan centos de restos de kassam caidos desde o ano 2005.
Na sede da Fundación Sderot
Restos de kassam
Restos de kassam
Un kassam caído poucas horas antes da nosa visita
O autobús do grupo de AGAI
Na interior da sede da Fundación Sderot
Perante un dos moitos refuxios que inzan as rúas de Sderot
No almacén da policia de Sderot