26/08/09

"A Favor de Israel" xa en dvd subtitulado en español



Unha producción de CAMERA e REVISTA DE MEDIO ORIENTE:
Un documental absolutamente imprescindible
.
"A favor de Israel" é un documental contundente e imperdible baseado no libro de Alan Dershowitz, "The Case for Israel". Este documental único no seu xénero e gañador de múltiples premios internacionais, foi agora por fin subtitulado ao español e xa pode ser adquirido.
.
"A favor de Israel" describe en detalle e obxectivamente o labor da demagoxia antiisraelí nas súas constantes acusacións sobre as responsabilidade do Estado israelí no conflito cos palestinos. O documental remarca como este grupo de "acusadores" descoñece ou non quere recoñecer as importantísimas concesións que leva realizado o Estado de Israel a prol dunha resolución pacífica do conflito, así como as persistentes ameazas terroristas que sofren os cidadáns israelís a cotío.
.
A través de entrevistas claras e sen tapuxos con infinidade de líderes políticos, universitarios e xudiciais clave, Dershowitz refuta sen concesións e con contundencia as falsas percepcións profundamente enraizadas sobre a historia de Israel, o dereito xudeu a autodeterminación, a ter un Fogar Nacional, os dereitos democráticos dos cidadáns baixo o sistema democrático israelí de goberno, o valado de seguridade, e a resposta e guía de conduta das Forzas de Defensa de Israel (IDF) ante os ataques terroristas.
.
En definitiva, estamos ante un documental imprescindible para entender todas as claves do conflito árabe-israelí.
.
Para máis información: