Nausea é o que brutais accións como a que hoxe levou a cabo a organización terrorista ETA provocan en calquera cidadán normal. Calquera ser humano mínimamente digno da súa consideración de tal non pode sentir perante brutais asasinatos coma o de hoxe en Mallorca outra cousa que non sexa noxo. Noxo e nausea.
.
.
A tolemia desatada por este feixe de fanáticos non ten politicamente ningunha explicación racional e só a psiquiatría podería atender as razóns que estos iluminados teñen para proseguir a súa carreira de sangue e morte cara a ningures.
.
Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI, queremos amosar a nosa solidariedade moi especial coas familias dos asasinados e a nosa máis radical -de raíz- condena do atentado terrorista que hoxe segou dúas vidas e onte puido ter causado en Burgos unha masacre descomunal.

Pero desde AGAI queremos facer un chamado á reflexión.
.
Por qué desde os nosos medios de comunicación se desculpa ou se minimiza cando non directamente se xustifica, o terrorismo palestino cando as vítimas son israelís? Por qué esa dupla vara de medir?
Por qué desde os nosos medios de comunicación se desculpa ou se minimiza cando non directamente se xustifica, o terrorismo palestino cando as vítimas son israelís? Por qué esa dupla vara de medir?
.
Porque non é humanamente entendible nin decente, rexeitar e condenar con claridade o terrorismo perpetrado por ETA e non facer o mesmo cando é Hamás ou a Yihad islámica quen fai estoupar unha pizzería, un autobús ou un restaurante.
.
.
Todo o terrorismo é merecedor da nosa nausea. Tamén cando as vítimas son cidadáns israelís.