04/06/09

Visita de nenos de Sderot a Sefarad

ABRAZO DE NAI en colaboración con Casa Sefarad-Israel, a Comunidade Xudía de Madrid, e a Comunidade Xudía de Valencia fai posible a viaxe dun grupo de rapaces e rapazas procedentes de Sderot para unha visita do 8 ao 15 de xuño a Madrid, Toledo e Valencia. O obxectivo de ABRAZO DE NAI é darlles a oportunidade de gozar duns días de paz ben merecidos, mostrar o noso apoio, compartir as súas historias e coñecer o testemuño directo da vida de cada un deles que transcorre baixo unha continua ameaza e perigo polos incesantes impactos de foguetes palestinos sobre as súas casas, escolas e poboacións. O programa da visita abarca: obradoiros multiculturais pola Paz no colexio Arturo Soria, encontros con mozos da Comunidade Xudía de Madrid excursións a Toledo, Valencia e outras actividades de lecer. Este proxecto de grande envergadura esixe moitas mans; para que sexa un éxito toda axuda e colaboración serán benvidas.