Edificios comunais xudeus, en Hervás (século XV)
Relación documentada dos bens abandonados polos xudeus de Hervás após o Edito de Expulsión (Século XV)

Recreación da Sinagoga de Hervás
Por Miguel Boó
.
Un reducido grupo de socios de AGAI, sete en total, máis algúns amigos e simpatizantes da cultura xudea, realizamos finalmente a viaxe ás xuderías de Hervás e Plasencia, onde tivemos a honra e a ledicia de compartir emocións co noso afiliado en Extremadura, o xornalista Juan Plaza.

O fermoso pobo de Hervás conserva o aspecto de cando no século XV estaba habitado por unhas vintecinco familias xudeas de apelidos Cohen, Haben, Haxiz, Garço, Hamiz, Mahejar, Orabuena, de Ruego, Salvadiel, Rabí Samuel ou Belllida la Rica, con domicilio nas rúas Moral, Rabilero ou Sinagoga. Vestixios non quedan, agás un calexón estreito que está considerado como da época da expulsión. Pero as casas siguen sendo de madeira de castiñeiro, adobe e pedras de granito. Hervás foi declarado Conxunto Histórico-Artístico en 1969 e está integrada na Rede Separad de Xuderías de España.

O erudito Marciano de Hervás explicounos que a sinagoga era propiedade do rabí Samuel, un edificio que a tradición literaria empraza na rúa Rabilero nº 19. O lagar comunal do viño, a adega e o almacén estaban na rúa calle da Amizade Xudeo-Cristian nº 15. A atmósfera de connivencia interrelixiosa que envolveu á sociedade hervasense medieval permitiu a xudíos e cristiáns compartir a rúa principal Corredera e a Praza do pobo.

O experto en temas sefarditas de Plasencia, José Luis Hernández de Arribas, presidente da Asociación Cultural Placentina "Pedro de Trejo" foi o noso guía naquela cidade que pasa por ser unha especie de “Cartaxena” extremeña. No antigo barrio xudeo consérvase o trazado da rúa Zapatería en cuio número 23 din os placentinos que naceu o xudeo Cristóbal Colón, o arco de Arenillas, o cimeterio e os vestixios da primeira sinagoga –chamada “La Mota”-, cuias excavacións fixéronse na traseira do Pazo do Marqués de Mirabel, reconvertido actualmente en Parador de Turismo. O barrio hebreo é anterior a 1189 xa que no Foro ditado ese ano por Afonso VIII xa se lles citaba.

Para un futuro próximo, José Luis Hernández ten previsto convidar a AGAI cando se inaugure o cimeterio xudeo da cidade e se coloquen todas as placas cos n omes dos xudeos que viviron na Rúa Zapatería daquela vila. De aceptar o convite, a viaxe serviría tamén para ver as xuderías de Monfragüe, Cabezuela del Valle, Coria, Granadilla, Trujillo e outros pobos da zona.