Por Antony Drugeon
Guysen International News - 02.04.09
.Tras o recoñecemento da adopción para parellas homosexuais, o "permiso de maternidade" pasa a ser efectivo tamén para as parellas homosexuais. Israel atópase entre os países máis avanzados en materia de dereitos para os homosexuais. O pasado 16 de marzo, os homosexuais viviron unha pequena revolución no que aos seus dereitos se refíre en Israel. Yonathan Gher obtivo un permiso paternidade de 64 días para gozar do nacemento do seu neno concibido por unha nai portadora na India. Él e a súa parella convertéronse na primeira parella gai que recibe o dereito a esta licenza de paternidade en Israel. A decisión, feita pública pola Caixa Nacional de Seguridade Social (Bituaj Leumi), foi permitida polo feito de que Yonathan Ghera é o pai biolóxico do neno. A decisión, histórica, da administración pública baséase no feito de que a nai portadora non é considerada realmente como a nai do neno. A parella tivo que facer uso dunha nai no estranxeiro porque a lexislación israelí prohibe ás parellas do mesmo sexo utilizar este procedemento en Israel. O abril pasado, o recoñecemento oficial da adopción no estranxeiro de nenos "non biolóxicos" para parellas do mesmo sexo xa lograra ampliar os dereitos das parellas homosexuais. Até entón, a adopción era reservada para as parellas homosexuais nas que un dos membros era o pai (ou nai biolóxica). Os recoñecementos da licenza de paternidade gai é un novo paso neste mesmo sentido. Un cambio que non se debe a unha modificación na lei. "Ninguén contemplou a eventualidade que un día alguén reclame o descanso prenatal e postnatal por un home", explicoulle a Guysen International News, Irit Rosemblum, avogada de Yonathan Gher, e doutra banda, presidenta da asociación New Family, que pide o recoñecemento dos dereitos dos homosexuais. Tratábase dunha lagoa xurídica que Yonathan Gher puido aproveitar. "Non é a lei a que cambiou, o que mudou foi a súa interpretación, o que é esencial no dereito israelí", precisa, entusiasmada, Irit Rosenblum. O goberno non está alleo desta interpretación máis flexible da lei. A Caixa Nacional de Seguridade Social (Bituaj Leumi), que aceptou a petición de Yonathan Ghera, é un organismo do Ministerio de Saúde. A Corte Suprema de Xustiza mantén o seu forte control sobre a evolución da xurisprudencia. Sendo así, a vía lexislativa segue sendo o mellor medio para o avance dos dereitos civis dos homosexuais. "Vai ter que cambiar a lei", insiste Irit Rosenblum, "e facer un traballo educativo para provocar que as consideracións mentais cara a este tema evolucionen", engade. New Family presta asistencia actualmente a outras 20 parellas do mesmo sexo que van ser pais.