22/04/09

Irán: desenvolvemento nuclear militar.


Por Carlos Galansky Koper

O ano 1929 marcou unha crise económica a nivel mundial, caracterizada por unha profunda depresión económica e social, que orixinou nalgúns países propostas político-militares para superar o problema. En Alemaña, Hitler e o nacional-socialismo iniciaron un proceso de militarización popular que derivou na II Guerra Mundial. O chibo expiatorio foi o pobo xudeu, ao que se culpou de todos os males. Algúns países apoiaron ese proceso. A España fascista do xeneral Franco foi un deles. O ano 2009 está a marcar unha nova crise económica. Repetindo a historia, na República Islámica de Irán, Ahmadinejad coa súa Garda Revolucionaria Islámica, está a iniciar un proceso de desenvolvemento nuclear con fins militares. O primeiro obxectivo é eliminar, "borrar do mapa" segundo as propias palabras de Ahmadinejad, ao actual chibo expiatorio, Israel e a súa expresión política, o sionismo. Repetindo a historia, algúns países apoian ese proxecto de desenvolvemento nuclear. España volve ser un deles, esta vez da man do rancio antisemitismo do BNG e do socialismo español. Parafraseando a Clausewitz, o antisionismo de hoxe é a continuación do antisemitismo de sempre, por outros medios...de comunicación.