23/02/09

Violacións do alto o fogo por Hamas


COMUNICADO DA EMBAIXADA DE ISRAEL


Hamás continúa violando o alto o fogo. Varios ataques con mísiles Grad e foguetes e morteiros contra obxectivos no sur de Israel

23 de febreiro de 2009

O pasado sábado 17 de xaneiro Israel decretou un alto o fogo unilateral; ao día seguinte, o 18 de xaneiro, a organización terrorista Hamás anunciou o alto o fogo, tamén unilateral.

6 de febreiro: Un foguete lanzado desde o norte da franxa de Gaza caeu entre dous edificios dunha localidade no Néguev occidental; outro foguete caeu ao sur de Askelón.

8 de febreiro: Un foguete caeu nun estacionamento dunha localidade no Néguev occidental causando danos materiais; outro foguete caeu ao sur de Askelón

13 de febreiro: Dous foguetes caeron no Néguev occidental, un deles nas inmediacións da zona industrial de Sderot. Catro bombas de morteiro caeron uns 3 quilómetros ao sur do paso de Karni.

14 de febreiro: Un mísil Grad de 122 mm de longo alcance caeu nunha zona aberta ao sudoeste de Gan Yavné, a 40 km da franxa de Gaza; é o mísil que chegou máis lonxe desde o fin da operación militar israelí en Gaza. Disparos de armas lixeiras e lanzamento de dous morteiros contra un barco da Mariña Israelí. Colocación e detonación de artefactos explosivos. Caeron, ademais, tres foguetes Kassam na rexión de Eshkol.

15 de febreiro: As Forzas de Defensa de Israel descobren máis explosivos colocados ao norte do paso de Kisufim.

16 de febreiro: Seis foguetes lanzados desde Gaza impactan en varias zonas do Néguev occidental.

19 de febreiro: Un mísil Grad impactou nas proximidades da cidade israelí de Netivot. Tamén se rexistrou a caída dun Kassam en Sderot Pola mañá, bombas de morteiro caeron na zona do Néguev occidental. Intento de activar un explosivo no paso de Kerem Shalom. O goberno de Israel fai responsable a Hamás de calquera ataque orixinado desde a franxa de Gaza. O goberno de Israel anunciou días atrás que calquera violación da tregua sería respondida duramente. Non dubidamos que calquera reacción israelí a estas violacións de Hamás atopará o seu espazo nos titulares de prensa. Brindamos esta información para situar os acontecementos no seu contexto e poder establecer as relacións causa-efecto. Con anterioridade, Hamás perpetrara varios ataques e mantiña a súa estratexia de rearmamento:

19 de xaneiro: Un barco da mariña estadounidense interceptou un barco iraniano cargado de armas para Hamás que se dirixía a Gaza. A detención produciuse no marco do compromiso de Estados Unidos para poñer fin ao contrabando de armas; Estados Unidos solicitou a axuda de Exipto para realizar o rexistro completo da embarcación.

20 de xaneiro: Hamás lanzou 8 bombas de morteiro desde o campo de refuxiados de Al-Mawzi no centro da franxa de Gaza; dous dos proxectís caeron na propia franxa e os outros no Néguev occidental (territorio israelí).

20 de xaneiro: Dous incidentes de disparos de armas lixeiras contra forzas israelís presentes no paso de Kisufim.

21 de xaneiro: Os terroristas de Hamás continuaron (e continúan) co tráfico de armas a través dos túneles que seguían operativos e iniciaron a reconstrución dos demais túneles destinados ao contrabando de armas.

27 de xaneiro: Un soldado israelí morreu ao facer explosión unha bomba ao paso dunha patrulla que circulaba por territorio israelí nas inmediacións do paso fronteirizo de Kisufim entre Israel e Gaza. A seguir, homes armados dispararon contra os soldados israelís, que responderon. A primeira medida adoptada por Israel tras este incidente foi o peche dos pasos fronteirizos.

28 e 29 de xaneiro: Dous novos lanzamentos de foguetes Kassan contra territorio israelí desde a franxa de Gaza. O primeiro foi lanzado o 28 de xaneiro pola noite, impactando na rexión de Eshkol; o segundo foi disparado o día 29 caendo nas proximidades da cidade de Sderot.

1 de febreiro: Tres israelís (un civil e dous militares) resultaron feridos como consecuencia do lanzamento dunha ducia de foguetes Kassam e bombas de morteiro contra territorio israelí efectuados desde a franxa de Gaza. Como resposta, o exército de Israel atacou unha serie de obxectivos en Gaza (túneles destinados ao contrabando de armas e un posto de Hamás).

3 de febreiro: Un mísil tipo Grad lanzado desde Gaza impactou na cidade israelí de Ashkelón, a 13 quilómetros da Franxa. O ataque non provocou victimas aínda que si danos materiais.

Para máis información:

Departamento de Prensa

Tel.: 91-782 95 10 – prensa@madrid.mfa.gov.il

Madrid, 23 de febreiro de 2009