O Reino Unido ven de denegar a entrada ao deputado holandés Geert Wilders, autor de Fitna, o documental que provocou a ira islamista. O deputado fora convidado a dar unha conferencia e falar sobre o seu documental na Cámara dos Lores, convidado por Lord Malcom Pearson, mais o Foreign Office considerou que a súa presenza en Londres suporía "unha ameaza aos intereses fundamentais da sociedade". Xulgue Vostede por si mismo, aquí pode ver íntegro e subtitulado en español o polémico documental "Fitna" (caos en lingua árabe).