11/02/09

Contestación a Méndez Ferrín


Por Pablo Veiga López-Castelo

Faro de Vigo - 11.02.09

Permítame aproveitar esta sección para realizarle unhas puntualizacións ó gran escritor galego, Méndez Ferrín, home admirado pola súa traxectoria literaria á que lle falta un Premio Nobel, que seguro chegará. O pasado luns publicábase un artigo chamado "Memoria de Palestina" en FARO DE VIGO. En primeiro lugar, recomendaríalle o libro "Mito y Realidades". Unha obra, que, tra-la súa lectura, acontecementos que Ferrín cita no seu artigo, producidos antes, durante e posteriormente ó nacemento do estado de Israel, préstanse a interpretacións que contradín o que afirma tan contundentemente o escritor galego; afirmacións nada simpáticas co pobo xudeu. Sen entrar en profundidades, eu lembraríalle a don Xosé Luís os dereitos como cidadáns, en tódolos seus aspectos -políticos, sociais, culturais, educativos- que disponen o millón e pico de palestinos que viven dentro das fronteiras israelís e posuidores da nacionalidade israelí.

Prixilexios dos que non gozan en ningún dos países da zona, en ningún. Tamén incidiría nos innumerables méritos do pobo xudeu, entre eles, construír un estado, a pesares de rodearse de inimigos empeñados en destruílo, recuperar unha lingua como o hebreo, a pesares desa Torre de Babel inicial (como galego falante sinto envexa, porque aquí estamos facendo o contrario) e crear e consolidar un sistema democrático, a pesares das tensións e contradicións internas existentes, a forma de goberno, querido Ferrín, menos mala que se coñece. Vostede, que o presupoño anti-imperalista, ten en Hamás un movemento do máis imperialista, bárbaro e inmoral, cunha razón de ser enfocada a destruír o Estado de Israel e imponer un réxime intolerante e ditatorial. Pero nunca o conseguirán, nunca. Shalon.