Teatro Cine Salesianos en Vigo
Sábado día 21 de febreiro ás 20:30 h.
Noa visita de novo Galicia.
O 21 de febreiro a artista israelí, obsequianos cun concerto acústico que vainos permitir disfrutar en directo dalgunhas das súas mellores composicións, acompañada do Acoustic Quartet. Ademáis achéganos as novas cancións do seu disco “Genes & Jeans”, o seu último traballo editado en 2008. A vida e as experiencias de Noa se trasladan a este traballo que constitúe o seu repertorio máis suxerente e emocionante con influencias étnicas e culturais da súa orixe yemení, ademáis de outros influjxs do seu paso polos Estados Unidos ou a súa vida actual en Israel. O Teatro Salesianos de Vigo ofrécenos este espectáculo único.
Achinoam Nini, Noa, é unha das máis destacada artistas israelís. Nacida en Tel-Aviv en 1969, viviu en Nova York desde os dous anos ate que regresou a Israel aos 17. Estudou música no Rimon School, onde coñeceu ao seu compañeiro e colaborador Gil Dor. Xuntos levan escrito e realizado catro álbumes de enorme éxito en Israel, e outros catro álbumes internacionais, "Noa", "Calling", "Blue Touches Blue" e "Now".
As maiores influenzas de Noa veñen de cantautores dos anos 60 coma Paul Simon, Joni Mitchell ou Leonard Cohen. Estas sensibilidades musicais e líricas, combinadas coas súas raíces iemeníes e os antecedentes musicais de Gil Dor no jazz, en música clásica e no mundo do rock, fixeron que o seu son sexa único.
Militante defensora do diálogo para a consecución da paz, Noa quixo sempre promover a través da súa imaxe o achegamento entre outras culturas, sendo a primeira artista israelí en facer unha xira en Marrocos, actuando no Vaticano e cantando en infinidade de ocasións xunto a músicos palestinos e doutros países árabes, coma o alxerino Khaled.
Polo seu papel a favor da paz foi galardoada co "Crystal Award" no "World Economic Forum" en Davos, Suiza, onde actuaou xunto a artistas palestinos e participou en numerosos encontros relacionados coa paz en Oriente Medio. Tamén foi invitada a cantar en Oslo con motivo do aniversario do malogrado acordo de paz asinado en aquela cidade, nunha actuación que contaba coa presenza de Bill Clinton, Ehud Barak e Yasser Arafat. En 1995 cantou ante 150.000 persoas nun rally musical a favor da paz en Tel Aviv, só minutos antes de que Yitchak Rabin fora asasinado...
Precio 25 euros
Venta de entradas en Taquilla Caixa Galicia