Por Miguel Boó
Outra volta aos medios de comunicación –ese que según o mito están controlados polos xudeos– veñen de demonizar a Israel por defenderse de Hamás, ises terroristas salvaxes, que non dubidan en usar aos seus civís, como escudos humanos.Tan responsable é Hamás do que pasa en Gaza –territorio non ocupado dende hai 3 anos; ergo o argumento da ocupación non vale– que ata o presidente palestino e o ministro de exteriores de Exipto así o proclamaron. Pero os opinadores dos medios só teñen ollos para analizar os resultados e non as causas. E entre estas cómpre salientar que Hamás non loita por un estado palestino democrático, e menos socialista. Hamás persegue, por mandato de Alá, a desaparición de Israel –o dí a súa Carta Fundacional, nunca enmendada– e a creación dun ente teocrático. E por iso, e porque sabe que ten rendida aos seus pés a unha narcotizada opinión pública occidental, se permitiu asesinar a máis palestinos de Al Fatah dos que teñen morto estes días polo fogo israelí. Hamás sabe que ninguén llelo botará en cara nin lembrará que Xordania matou a máis de 10.000 palestinos e naide chamou xenocida a Hassan II. Con todo, non serei eu quen aprobe algún tipo de violencia, nin que a celebre na rúa, con rebumbio e reparto de lambetadas, como fan os palestinos cando asesinan a xudeos en buses ou discotecas. Ao contrario, asquéome coa proposta de Balbino P. Bellas de solucionar o conflito guindando dende Irán unha bomba atómica sobre Israel, algo moi celebrado na asemblea do BNG de Vigo onde se plantexou
Xornal de Galicia - 04.01.09