01/01/09

Dereito a defenderse


Por Xulio Ramos Guzmán
.
¿Pódese ser de esquerdas e defender a Israel? Moitos pensamos claramente que si, aínda que o discurso do que se deu en chamar o politicamente correcto, pretenda dicir o contrario, ¿Como actuariamos se un veciño noso disparase diariamente cunha escopeta de balíns? ¿Estaríamos lexitimados para defendernos? Que os grupos radicáis empreguen suicidas —incluso menores de idade— ¿tamén é culpa de Israel? ¿Quen determina se a defensa propia é desproporcionada ou non? Israel é a única democracia nun Oriente gobernado por sátrapas que manteñen na ignorancia absoluta aos seus subditos, que non cidadáns. Con todo, esperemos que o sentidiño e a paz cheguen algún día a todos os países en conflito bélico.
La Voz de Galicia - 31.12.08