"A achega xudía ao teatro e cinema americano"
Charla-coloquio na Casa do Libro en Vigo (rúa Velázquez Moreno 26)
Luns 23 de Febreiro
ás 19:30 horas
Intervén:
Moises Morales*, profesor, actor e director de teatro. (Escola de interpretación de Stella Adler de Nova York)
Presenta:
Pedro Gómez-Valadés, presidente de AGAI.
Entrada libre
*Moisés Morales é actor e profesor formado no Teatro de Cámara de Madrid, The London Centre for Theatre Studies, The Voice and Speech Centre e no Stella Adler Conservatory of Acting de Nova York, (entre cuxos alumnos se pode contar a Marlon Brando, Robert de Niro, Martin Sheen, Roy Scheider, Warren Beatty e Benicio del Toro) Tralos seus inicios como actor en radio, televisión e cine, impartiu cursos de Teatro na Universidade de Santiago de Compostela e é Profesor de Interpretación e Dirección de Actores na Escola Superior de Artes Cinematográficas de Galicia. A súa andaina teatral inclúe a dirección de obras de Chéjov, Strindberg, Shakespeare, Fassbinder, Darío Fo, Maeterlinck, Rohmer, Saint- Exupery, Gogol … A súa influencia persoal máis importante é a de Earle Gister, lendario profesor de Interpretación que foi durante moito tempo xefe do Departamento de Drama da Universidade de Yale e cuxo maxisterio na actualidade é comparábel ao que no seu día exerceron Lee Strasberg e Sanford Meisner.