07/12/08

Novo número de "RAÍCES"

Novo número da revista RAÍCES
RAÍCES convídanos a cruzar unha ponte entre dous mundos Unha publicación, por moitas razóns, excepcional: Raíces, unha revista xudía de cultura publicada en España por Sefarad Editores, desde 1986. Edítase con periodicidade trimestral, e nas súas páxinas aloxa a mellor información, excelentes artigos e unha opinión rigorosa sobre a vida cultural xudía en España e no mundo. Raíces diríxese aos lectores de revistas de opinión, a interesados polo xudaísmo e a quen desexan coñecer mellor a cultura sefardí. As artes, as letras, a historia, a lingua e o pensamento xudeo-hispánicos son o seu territorio. Raíces promove un mundo máis tolerante e abre até os seus límites o círculo do propio, sexa xudeu ou non, proporcionando as claves que permiten comprender mellor o mundo en que vivimos. Raíces é a única publicación española sobre estes temas, e unha das poucas en todo o mundo. Entre as súas firmas cóntanse investigadores e especialistas nas máis variadas disciplinas humanísticas: historia, literatura, lingüística, ciencias sociais, artes visuais, música, teatro, filosofía, relixión... Todos os artigos foron escritos especialmente para a revista ou se ofrecen en primeira tradución ao español. Raíces distribúese en todas as comunidades xudías de España, Portugal e América, e a subscritores de toda Europa e gran parte de Hispanoamérica e os Estados Unidos. En España as subscricións alcanzan a totalidade das provincias, ademais da venda en quioscos e librarías. O Ministerio de Cultura distribúe exemplares en todas as bibliotecas públicas e as embaixadas de Israel fan o propio en Israel e en asociacións xudías de Hispanoamérica. A edición electrónica distribúese desde o número de verán de 2001. Podes subscribirte por só 40 euros/ano
+34 91 8492350