A Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) iniciará os trámites, de común acordo co Centro de Estudos Medievais (CEM) de Ribadavia, para que se lle recoñeza as tres irmás Touza como "Xustas entre as Nacións" por teren salvado a vida de innumerables xudeos durante a II Guera Mundial, de forma desinteresada e con grave risco para as súas propias vidas. O representanrte da familia das tres heroínas galegas, Xulio Touza, fixo unha petición en tal sentido o pasado domingo no decurso do acto de homenaxe ás súas tías e avoa, e agradeceu a disposición de AGAI e do CEM.
Nos actos do pasado domingo en Ribadavia, con motivo do "Día Europeo da cultura Xudía", desprazouse a vila ourensá unha representación de AGAI integrada por 16 persoas e encabezada polo seu vicepresidente, Anxel Sánchez Seoane e polo seu secretario xeral, Miguel A.Boó. A Asociación fixo unha ofrenda floral no cemiterio, con tres ramos que reproducían as cores das bandeiras de Galicia e de Israel.