Kazimierz
Porta de Birkenau
Ramal interior Auschwitz-Birkenau
Porta de Birkenau
Ramal interior Auschwitz-Birkenau
Aramado electrificado Auschwitz-Birkenau
Monumento á sublevación no guetto de Varsovia
Fixen esta homenaxe as vitimas da Shoáh pensando en todos vós, compañeiros en A.G.A.I, en agradecemento ao voso esforzo e compromiso para que esa páxina tan tráxica do pobo xudeu, sexa recordada en Galicia. Para min que seguirei cualitativamente agradecido a todos vós, podo engadir a valoración cuantitativa feita polo presidente da Comunidade xudea de Cracovia, D. Tadeusz Jakubowicz, ao coñecer a Pedro e Abel. Nesa ocasión, ao saber que non eran xudeus, manifestou á intérprete que "estes homes valen por dez xudeus".
Shalom.
Por Carlos Galansky Koper
Entre os días 3 e 10 de setembro estiven en Polonia. Un vello desexo que ven dende que me exiliei de Arxentina, aló polo ano 1979. Quería coñecer as miñas raíces. A miña nai naceu nun pequeno pobo, Tarczin, a 30 km de Varsovia. O proxecto enriqueceuse coa miña participación na A.G.A.I. Seguindo o camiño iniciado por Pedro, Abel, Maribel e Mamen, o itinerario foi: Cracovia, Auschwitz, Varsovia e Tarczin. Para os lugares máis emblemáticos da historia da Shoáh, quixen cumprir co antigo ritual de depositar unha pedra. Por iso, levei 6 pedras galegas.
Pensei ademais que debía deixalas en representación da A.G.A.I. mais que a título persoal. Así o fixen. Quedaron así nos seguintes sitios: no monumento do barrio xudeo Kazimierz de Cracovia; nas vías do tren á entrada do campo de Birkenau; nas vías do tren dentro do campo de Birkenau; xunto a un poste que suxeita a aramada eléctrica dentro do campo de Birkenau; no monumento aos Heroes do gueto en Varsovia e no monumento Mila 18 tamén no gueto de Varsovia.