Descarga a versión en PDF(en 4 partes): I II III IV
O conflito árabe-israelí e o proceso de paz ten sido durante décadas o foco da atención mundial, sexa por parte dos medios de comunicación, o cine, as institucións políticas e gobernamentais, os organismos non gobernamentais, os grupos relixiosos, o mundo empresarial e o público en xeral. Co transcorrer do tempo, algúns dos críticos de Israel permitiron que o seu punto de vista do problema se vexa influido polos mitos, tópicos, prexuizos e unha falta de coñecementos no canto de feitos sólidos. Isto vese, por exemplo, en asuntos referentes aos territorios en disputa entre Israel e os palestinos: o trasfondo histórico é frecuentemente descoñecido ou ignorado. Máis aida, incluso cando se trata da situación actual - o problema do terrorismo, os perigos rexionais e a repercusión da topografía nas fronteiras - xeralmente o contexto non é tomado en consideración. O propósito da publicación que podes descargar en formato pdf é achegar material factual e de trasfondo por medio de mapas e diagramas que abordan aspectos claves do conflito árabe-israelí e do proceso de paz. Esta publicación non pretende abranxer todos os temas, pero sí trata moitos deles. É de agarsdar que por medio das ilustracións e os datos proporcionados no traballo se teña unha mellor comprensión contrastada dos feitos pasados e da realidade actual, así como das futuras opcións de paz.