En apoio de Pedro Gómez-Valadés
Por Andreu Lascorz, Presidente da Associació de Relacions Culturals Catalunya Israel
Como sexa que estou tan canso, dolorosamente farto, doído e irritado por ter que –desde hai demasiado tempo- ver, escoitar e ler toda clase de desatinos e insultos perversamente estruturados de tipo israelófobo en televisión, radio e prensa, que non son senón o lóxico vehículo de expresión dos xudeófobos de sempre, convertidos nos israelófobos dos nosos días, gustaríame achegar un pouco de serenidade en actuacións inquisitoriais como a que sofre o meu amigo Pedro Gómez-Valadés. Quero lembrar a algúns estalinistas críticos coa liberdade, que o reducidísimo Estado de Israel non mereceu na súa creación o beneficio do respecto dos seus veciños, en maio de 1948 poucas horas despois da súa proclamación foi atacado un Estado non viable económica e socialmente, este e outros "pequenos detalles" algúns parecen ignoralo. Posteriormente na nosa vella Europa, debido a que nalgúns estratos o sentimento de culpa era notorio polo acontecido durante a Shoah e aínda non caducara o efecto sedante do holocausto, gardábanse as formas para Israel e os que se sentían próximos a Israel. Desgrazadamente o ventre que pariu ao antixudaísmo séculos atrás, seguía fértil e naceron xeracións que empezaron por minimizar o holocausto para preparar o camiño que fai de Israel o chibo expiatorio das súas miserias humanas.
No estado español pouco durou, aquel sentimento de inxustiza e culpa que no 1992, lembrounos aquela vergonzosa actuación duns reis, chamados católicos, en 1492. Desta maneira chegamos a abril de 2008 e a persecución de Pedro, lémbrame ás toleadas turbas de sempre, os que te queren expulsar amigo Pedro son dignos sucesores de Torquemada, dos que en 1348 culpaban: acórdasche de que? e masacraban comunidades xudías en España durante a epidemia da peste negra... Que facemos con esta vergonza protagonizada por elementos desorientados e despistados que atoparon unha bandeira na "causa palestina" e adícanse fanatizadamente a calumniar e perseguir con saña a todo o que teña relación con Israel? A todos eles recoméndolles, con afecto e sinxeleza a lectura da carta de Ramban ao seu fillo (Igueret haRamban), esperando que "presten atención á moral", deixen de estar "inflamados e presos de ira", descarten a "arrogancia no seu corazón" e, sobre todo, que "revisen os seus actos cada mañá e cada noite", terá data de caducidade seu israelofóbia?
ASSOCIACIÓ DE RELACIONS CULTURALS CATALUNYA ISRAEL