Con motivo da celebración en todo o mundo do Día Internacional de Conmemoración das Vítimas do Holocausto, o vindeiro domingo día 27, ás 5 da tarde, terá lugar na Catedral de Santiago de Compostela unha Misa solemne en recordo dos millóns de vítimas da barbarie nazi.
No mesma darase lectura a declaración que con motivo do día fará pública AGAI, texto do que é autor Jaime Vándor, sobrevivente da Shoáh.