09/01/08

CHARLA-COLOQUIO EN COMPOSTELA

O vindeiro mércores día 23 de xaneiro ás 20:00 horas, terá lugar no Clube Internacional de Prensa de Santiago de Compostela sito na Avenida da Coruña 6 - baixo. unha Charla-Coloquio con motivo do Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto que conmemórase o vindeiro 27 de xaneiro.
"O negacionismo do holocausto e a memoria das vítimas"
Presenta:
Afonso Vázquez-Monxardín, escritor e membro de AGAI.
Intervén:
Edwin Yabo, agregado cultural da Embaixada de Israel en España.
Entrada Libre