Onte venres 14 tivo lugar en Compostela a Cea de Confraternidade que celebrou o primeiro aniversario do nacemento, tamén en Compostela, da nosa Asociación. Perto dun cento de socias e socios acudimos a compartir un tempo de lecer e de amizade. Após o primeiro ano de andaina, podemos manifestar a nosa satisfacción polo traballo e actividade desenvolto ate agora e polos ambiciosos proxectos que pouco a poco irán cristalizando neste vindeiro ano 2008 que a pique estamos xa de encetar. Un moi forte Shalom para todos e todas os que non puidestes asistir.