Hoxe, a 60 anos da Resolución 181 de Nacións Unidas, os árabes poderían estar festexando o 60 aniversario da independencia de outro estado árabe, sen embargo hoxe só podemos lembrar o Plano de Partición que fora rexeitado polos árabes e aceptado polos xudeus. En dito plano o Estado Xudeu pasaría a ocupar apenas o 55% (do cal unha grande parte era o deserto do Neguev) do total do territorio que xa fora designado en 1922 para o Estado Xudeu logo da entrega de alrededor dun 80% do Mandato de Palestina á dinastía Hachemita. O 29 de novembro de 1947 as Nacións Unidas deciden dividir Palestina Occidental, nun 45% para os árabes e o 55% cunha grande cantidade de territorio árido e desértico. En AJN: O Plano de Partición de Palestina propuña a terminación do Mandato Británico e a división da Palestina occidental en dous estados soberanos, un xudeu e outro árabe, quedando o área de Jerusalem e Belén baixo un réxime de xurisdicción internacional. Os xudeus aceptaron a resolución, ainda con reparos, e o 14 de maio de 1948 crearon o Estado de Israel no territorio que lles fora asignado. A parte árabe, en cambio, no só rexeitou o plano que lle permitía fundar o seu propio estado. Incluso iniciou unha agresión destinada a afogar a Israel no seu berce, coa ameaza expresa do secretario xeral da Liga Árabe de "realizar unha matanza como non se vira desde a época dos mongoles”. Gran Bretaña, pola súa banda, negouse a aplicar o Plano de Partición argumentado que éste no era aceptado polas duas partes implicadas e rexeitou compartir a administración de Palestina coas Nacións Unidas durante o período de transición suxerido polo mesmo plan. Os británicos abandonaron Palestina o 15 de maio de 1948, un día despois de que David Ben Gurión lera a Declaración de Independencia no Museo de Tel Aviv.