18/11/07

Cousas que non se entenden


Por Marcos Valcarcel


Debuxar ós príncipes de Asturias na portada dunha revista de humor e sátira é neste Estado perseguible e obxecto de multa.En cambio, negar o xenocidio e o Holocausto entra nas marxes da liberdade de expresión, seica. Por favor, algún xurista que mo explique...E para rematala, onte, en Tele 5 (La Noria), o ínclito Jordi dálle voz a tres fascistas declarados (Democracia Nacional, España 2000, Movimiento Católico Español) para que defendan con calma as súas teses xenófobas e racistas. Estebán Ibarra (Mov. contra a Intolerancia) e Pilar Rahola negáronse a participar no debate con tres personaxes que só representan correntes minoritarias e violentas. Pola parte "demócrata" sentanse Jimmy G. Arnau e Urdaci: para esmendrellarse de risa. Tres fascistas que se retratan a si mesmos: o de España 2000 defendeuse confesando que era o avogado de Anela, asociación que axunta os puticlubs de España (as inmigrantes explotadas nos mesmos quedan fóra do discurso xenófobo?).