21/05/07


A XEFA DO ESTADO DE ISRAEL SAUDOU CARIÑOSAMENTE AO PRESIDENTE DE AGAI

A presidenta en funcións do Estado de Israel e titular da Knesset (Parlamento) do país hebreo, Dalia Itzik, saúdou moi cariñosamente ao máximo responsable da Asociación Galega de Amizade con Israel, Pedro Gómez-Valadés, a quen agradeceu a solidariedade dos galegos para co pobo xudeo. O encontro formal tivo lugar no Congreso dos Deputados, en Madrid, onde o noso presidente puido departir emocionadamente coa estadista xudea que o convidou formalmente a visitar Israel.
A foto amosa o momento do apretón de mans entre Dalia Itzik e Pedro Gómez-Valadés o pasado 26 de abril na Sala de Columnas do Congreso dos Deputados.