A decisión adoptada onte polo BNG de Vigo de exixir definitivamente á dirección comarcal a expulsión do militante Pedro Gómez-Valadés polo feito de ser membro da Asociación Galega de Amizade con Israel, viola de xeito incualificábel os máis elementais dereitos democráticos.
A Asociación Galega de Amizade con Israel considera que é inaceptábel que un partido que forma parte do goberno da Xunta de Galicia poida manter actitudes con tal grado de intolerancia, irresponsabilidade e falta de respecto a liberdade de expresión e de opinión, entrometéndose de xeito orweliano na vida privada dun militante.
A Asociación Galega de Amizade con Israel considera que compre unha rectificación inmediata por parte da Dirección Nacional do Bloque Nacionalista Galego.
A Asociación Galega de Amizade con Israel considera o silencio da Dirección Nacional do BNG coma cómplice do atropello.
A Asociación Galega de Amizade con Israel exixe a fin do acoso e linchamento a que esta sendo sometido o militante do BNG e Presidente da nosa asociación polo “delito” de pertencer a unha asociación legal e pública.
A Asociación Galega de Amizade con Israel se pregunta cal é o futuro dos militantes do BNG quen son á vez socios e socias de AGAI.
A Asociación Galega de Amizade con Israel reitera a súa intención de acudir á xustiza ordinaria para reparar esta violación dos máis elementais dereitos democráticos e constitucionais.
Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2007