A Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI), constituida en Santiago de Compostela o pasado 1 de decembro con asociados de todos os partidos políticos -especialmente BNG, PP, PSOE e EU-, que acordaron democráticamente elixir como presidente a Pedro Gómez-Valadés, militante do BNG.
DIANTE da pretensión de expulsar a Pedro Gómez-Valadés, de todos os organismos de dirección, Executiva e Consello comarcal do seu partido, por pertenecer a AGAI, quere trasladar á opinión pública as seguintes consideracións:
1) Este grave episodio, revela un comportamento claramente fascista, intolerante e anticonstitucional, habida conta de que atenta contra os dereitos fundamentais de asociación e libertade de expresión, amén de vulnerar o dereito á discrepancia do que o devandito partido se gaba nos seus estatutos.
2) A reedición medieval dun “acto de fe” contra o noso presidente e veterano militante do BNG, demostra que os dirixentes da UPG en Vigo son tristes herdeiros dos torquemadas inquisitoriais que queren levar ao seu partido a prácticas da Idade Media.
3) Ista asociación quere lembrar que, lonxe do que defenden estes talibáns, a democracia non consiste en impor os votos das maiorías, posto que por ise sistema se poden cometer atrocidades, barbaridades, ou estupideces como aprobar por maioría absoluta que a Terra e cúbica.
4) O consello comarcal do BNG en Vigo, comandado por esta mestura de gardiáns da fe e comisarios políticos debe saber que, de seguir co seu inaceptábel e delictivo despropósito terán moito traballo, pois hai no seo de AGAI ducias de afiliados ao BNG aos que, por coherencia, deberían perseguir, dar caza e plantarlle lume por herexes, salvo que antes non acaben eles mesmos na cadea.
5) Os fascistas da UPG no consello comarcal de Vigo deben saber tamén que no seo do BNG hai español falantes, afiliados a sindicatos non nacionalistas, amantes das corridas de touros, seguidores do Real Madrid, partidarios do imperialismo iraní ou coreano, da entrada dos tanques imperialistas soviéticos en Praga ou Afganistán, ou simpatizantes de Hamas, Hizbollah e Al Qaeda. Velaí unha boa mostra para o seu "patriótico" traballo de purgar a herexía e aos que se desvíen da súa particular “revolución pendente”.
6) AGAI convida finalmente ao BNG a que, en beneficio do nacionalismo e por un mero e elemental exercicio de hixiene democrática, fágalle ver a este tipo de afiliados que son eles os que en todo caso sobran e deberan abandonar unha formación democrática e fundar outra de corte totalitario e fascista, acorde cos seus plantexamentos sectarios e racistas.
7) Por último, AGAI anuncia que emprenderá todas as accións legais oportunas que estime pertinentes para que os tribunais se pronuncien sobre este atropelo á liberdade, e defenderá ao seu presidente con todos os recursos que lle brinda o ordenamento xurídico.

Vigo, 2 de marzo de 2007