06/12/06

QUE PRETENDE A ASOCIACIÓN?


Seis son os puntos básicos:

1) Denunciar e traballar contra a banalización do Holocausto

2) Brindar á sociedade galega información alternativa ao “pensamento” único que domina os medios de comunicación ao respecto do conflicto árabe-israelí

3) Crear foros de opinión e debate, tanto nos circuitos culturais do país como na rede de internet para neutralizar e contrarrestar a demonización de Israel e combater argumentalmente a xudeofobia reinante

4) Animar a todos e todas os demócratas con ideas semellantes ás defendidas por esta Asociación para que fagan pública á súa militancia a prol da lexítima causa de Israel, porque ese sempre foi o seu dereito e na actualidade comeza a ser o seu deber.

5) Espallar o inmenso legado ético e cultural do pobo xudeo polo que todo Occidente segue en débeda con eles

6) Rehabilitar o pasado histórico dos xudeos no noso país para que ocupen o lugar que lles corresponde na sociedade galega actual