12/12/06

NOTA DE PRENSA:



NOTA DE PRENSA:
12.12.06



A Asociación Galega de Amizade con Israel, quere manifestar publicamente a súa máis enérxica condena perante o comezo do proceso denominado “revisionismo histórico do holocausto xudeu” propiciado polo Goberno islámico de Irán que e que pretende cuestionar a existencia do Holocausto.

Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel queremos expresar o noso compromiso e respecto para con todas as vítimas da barbarie nazi e a súa memoria.

Un dos principios fundamentais da nosa Asociación pretende combater a perversa banalización do Holocausto. Feitos como o que hoxe denunciamos amosan que despois da banalización chega a pura e simple negación dun dos actos de barbarie máis negros da historia da humanidade.

Condenamos todo evento, iniciativa ou declaración que pretenda cuestionar a existencia histórica do Holocausto.

Instamos a todas e todos as galegas e galegos a reflexionar sobre o porque desta noxenta “conferencia”. O todo vale contra Israel chega a extremos delirantes con eventos pseudo científicos como o que estes días terá lugar en Irán. Coa xustificación de atacar a Israel ampárase e apoiase unha revisión da historia que só pode producir noxo e tristeza en calquera que milite na súa condición de Ser Humano.

A única garantía de que acontecementos como o Holocausto nazi non se repita, virá do non esquecemento.

Pola Memoria dos millóns de asasinados industrialmente pola barbarie nazi.

Vigo, 12 de decembro de 2006