Xerusalén, capital de Israel
Xerusalén foi a capital do pobo xudeu durante 3.000 anos e a capital de Israel dende hai case 70 anos.
Este é un día histórico. Expresamos o noso agradecemento pola valente e xusta decisión do Presidente Trump de recoñecer Xerusalén como a capital de Israel e de facer preparativos para a apertura da embaixada de Estados Unidos en Xerusalén.
Este é un importante paso cara a paz, porque non hai paz que non inclúa a Xerusalén como a capital de Israel.
Israel fai un chamado a todos os países que procuran a paz para que se unan aos Estados Unidos recoñecendo Xerusalén como a capital de Israel e trasladen a esta as súas embaixadas.
Israel comparte o compromiso do Presidente Trump de promover a paz entre Israel e todos os nosos veciños, incluidos os palestinos.
Israel sigue comprometido co mantemento do status quo nos santos lugares, e continuará garantindo a liberdade de culto para xudeus, cristiáns e musulmáns por igual.
Madrid, 7 de decembro de 2017
Ver a nota orixinal AQUI