16/10/17

A UNESCO: escenario da hipocrisía e desinformación


A UNESCO ten un longo historial cheo de controvertidas resolucións froito de escuras manobras por parte dos seus membros.

Bloques de presión política, fomentada por movementos inducidos por países que apoian aos palestinos, teñen provocado auténticas aberraçións históricas como por ejemplo declarar que Hebrón e o Monte do Templo son lugares da “herdanza palestina”. Sen ningún vencello histórico co pobo xudeu.

Hebrón é o lugar onde están situados os túmulos dos patriarcas e matriarcas do pobo xudeu desde hai máis de 3800 anos.

O Monte do Templo de Xerusalén, como ben di o seu nome, foi o lugar onde foi construido e reconstruido o grande Templo do Rei Salomón, hai máis de 3.000 anos.

Alén de pretender reescribir a historia, tamén perpetraron aberracións máios actuais cunha chea de resolucións das asembleas da UNESCO.

De seguido un breve repaso histórico da organización UN Watch, a máis importante ONG de fiscalización da ONU, datada de 2014, que relaciona as aberracións producidas pola UNESCO.

XENEBRA, 17 de xaneiro de 2014 - A ONG que se dedica á observación e monitorización das iniciativas das Nacións Unidas - UN Watch - condenou a suspensión no último momento pola UNESCO, dunha gran exposición na súa sede de París sobre o pobo xudeu e Israel, seica por presións dos estados árabes e UN Watch emitiu a seguinte nota:.

"A secretaria xeral da UNESCO, Irina Bokova, xustificou a cancelación da exposición xudaica invocando a preocupación da UNESCO de non pór en perigo as fráxiles negociacións de paz israelí-palestinas. No entanto, dalgunha forma, este nobre principio de cautela para a paz nunca impediu a UNESCO condenar a Israel incesantemente", dixo Hillel Neuer, director do grupo de dereitos humanos de Xenebra.

"Lamentablemente, a decisión de Bokova de sacrificar a educación, a ciencia e a cultura baixo presión política do ambiente é xa rotina na UNESCO cando se trata de Israel", engadiu Neuer.

"Dende 2009, a UN Watch contou cando menos 46 resolucións da UNESCO contra Israel, unha contra a Siria e cero sobre Irán, Corea do Norte, Sudán ou calquera outro país do mundo".

"Este tratamento malicioso é especialmente tráxico porque a UNESCO foi fundada tras a Segunda Guerra Mundial co expreso propósito de combater a doutrina da desigualdade dos homes e das razas. Hoxe, como tristemente se repite, converteuse nun perpetrador serial da desigualdade".

UNESCO E ISRAEL: RESOLUCIÓNS E DECISIÓNS DA UNESCO CONDENANDO PAÍSES

2009 
Contra Israel: 10 
Resto do mundo: 0 (incluíndo Irán, Sudán, Siria,  Corea do Norte, etc.) 
Datos e fontes: Consello Executivo da UNESCO aprobou oito resolucións contra o Estado Xudeu, na súa 181ª sesión e 182ª sesión e despois outras dúas resolucións contra Israel na 35ª sesión da Conferencia Xeral. Cero para o resto do mundo.

2010 
Contra Israel: 10 
Resto do mundo: 0 (incluíndo Irán, Sudán, Siria, Venezuela, Corea do Norte, etc.) 
Datos e fontes: Consello Executivo da UNESCO aprobou 10 decisións contra Israel nas súas sesións 184ª e 185ª.

2011 
Contra Israel: 12 
Resto do mundo: 0 (incluíndo Irán, Sudán, Siria, Venezuela, Corea do Norte, etc.) 
Datos e fontes: Consello Executivo da UNESCO aprobou 10 decisións contra Israel na súas sesións 186ª e 187ª e outras dúas resolucións contra Israel na 36ª sesión da Conferencia Xeral.

2012 
Contra Israel: 8 
Contra Siria: 1 
Resto do mundo: 0 (incluíndo Irán, Sudán, Venezuela, Corea do Norte, etc.) 
Datos e fontes: catro resolucións sobre Israel e unha sobre Siria na súa sesión 189ª e catro sobre Israel na sesión 190ª. A UNESCO condenou a Siria polas súas sanguentas prisións nunha resolución. No entanto, iso aconteceu só despois de que os países occidentais foran fortemente presionados pola protesta da UN Watch contra a vergoñenta elección de Siria na UNESCO para o seu comité que xulga as peticións de dereitos humanos, ben como a súa comisión que supervisa as organizacións non gobernamentais. Esta condena da Siria foi a única; non conseguiu reaparecer en 2013. En vez diso, Israel volveu unha vez máis a ser o único país escollido pola UNESCO.

2013 
Contra Israel: 6 
Resto do mundo: 0

A recente iniciativa dos Estados Unidos, seguida de Israel, de abandonar a UNESCO, é unha luz de alerta para o total desvirtuamento dos propósitos para os cales a entidade foi creada. 

Dominada politica e numericamente por inimigos declarados de Israel, a entidade ten sido escenario para o exercicio da hipocrisía política anti-israelí. 

Ao comentar a iniciativa americana, o primeiro ministro israelí, Benjamin Netanyahu, declarou: "Esta é unha decisión valente e moral, porque a Unesco converteuse nun teatro do absurdo. Ao contrario de preservar a Historia, a destrue".