25/01/17

Declaración Institucional do Parlamento de Galicia no Día do Holocausto

Lectura polo presidente do Parlamento de Galicia, D.Miguel Angel Santalices, da Declaración Institucional da cámara no Día Mundial de Recordo das Vítimas do Holocausto. O acto tivo lugar no pleno do día 25 de xaneiro por ser este o máis próximo a data de conmemoración (27 de xaneiro) e por poder contar no mesmo coa presenza do presidente da Xunta de Galicia e do resto do goberno galego.
.