Onte domingo tivo lugar en Santiago a Asemblea anual da Asociación Galega de Amizade con Israel, asemblea que este ano tivo un significado especial por mor de cumprirse xa o décimo aniversario desde a nosa constitución en decembro de 2006.
Dez anos que por unanimidade todos os socios e socias valoraron coma tremendamente positivos en canto a implantación, expansión, capacidade de resposta e fundamentalmente ilusión e gañas de futuro. Xa que desde AGAI somos ben conscientes de que a reivindicación da secular presenza xudía en Galicia e o vencello entre galegos e israelís, ten claramente un antes e un despois na data de nacemento da nosa asociación.
Ao remate da Asemblea tivo lugar un Xantar de confraternidade este ano máis fraternal se cabe que nunca e do que máis abaixo podedes ver algunhas imaxes.
Dende a Xunta Directiva queremos agradecer a todos os socios que ben desde a constitución ou ben maioritariamemnte nos anos posteriores, foron sumándose a tarefa cívica de reivindicar a pegada xudía de Galicia, manter aceso o facho da Memoria da Shoah, combatir o antisemitismo e achegar información real sobre Israel nun entorno como o noso non sempre correctamente informado e fácil vítima da demagoxia antiisraelí.
Parafraseando ao mestre galego e universal, profundamente enamorado da cultura xudía como foi Álvaro Cunqueiro... mil primaveras máis para a Asociación Galega de Amizade con Israel