29/11/16

Efeméride: un 29 de novembro de 1947




Tal día coma hoxe, un 29 de novembro de 1947, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou o Plan para a partición do Mandato británico de Palestina, que establecía a creación de dous estados diferentes na rexión (un estado xudeu e un estado árabe) e o mantemento dun réxime internacional especial para as cidades de Xerusalén e de Belén. Un dato interesante para a reflexión é que en contraste coa polémica negativa da comunidade internacional a recoñecer a Xerusalén como cidade e capital do Estado de Israel, ninguén semella querer lembrar que Belén (na Cisxordania administrada pola Autoridade Palestina) era tamén cidade sob mandato internacional, pero ninguén cuestiona a soberanía palestina sobre a cidade. Algo que incomprensiblemente si sucede con Xerusalén.

O Plan de partición, que se incluía na Resolución 181 da ONU, daba por finalizaba o mandato británico en Palestina e ordenaba a retirada das súas tropas da zona. A pesar de que o documento estivo apoiado pola ONU, os estados árabes veciños lanzaron unha ofensiva total contra o recentemente nado estado xudeu. 

Como resultado da guerra Xordania anexionouse Xudea e Samaria (Cisxordania) e Exipto ocupou a Franxa de Gaza. Curiosamente non se estableceu ningún estado palestino neses territorios manténdose simplemente a ocupación exipcia e xordana. 

O Estado de Israel declarou a súa independencia o 14 de maio de 1948 e pasou a formar parte como membro de pleno dereito das Nacións Unidas o 11 de maio de 1949.