O xoves pasado o Tribunal Superior de
Xustiza de Asturias rexeitou en termos moi claros o recurso presentado polo
Concello de Langreo contra sentenza que anula e deixa sen efecto o boicot
contra Israel e as empresas ou individuos que non se opoñan ao Estado Xudeu.
Tras a demanda interposta por Angel Mas,
Presidente de ACOM, o Xulgado 4 de Oviedo decidiu en primeira instancia a
suspensión do boicot, e posteriormente a súa anulación definitiva ao
consideralo discriminatorio. O Tribunal Superior de Xustiza de Asturias
rexeitou o recurso do Concello de Langreo (gobernado por Izquierda Unida e
Podemos) para revogar a devandita decisión, confirmando como ilegal o acordo
institucional de boicot a Israel.
O Tribunal Superior de Asturias confirma
que o Concello carece de competencias para decretar un boicot internacional e
para alterar a Directiva Europea e a lexislación nacional en materia de
contratación pública. Ademais, o Tribunal recalca o flagrante carácter
inconstitucional e discriminatorio do boicot e a falta de neutralidade que este
representa.
Adicionalmente, o Tribunal Superior de
Xustiza lexitimou as iniciativas legais
de ACOM contra o boicot. O tribunal considera que ACOM está lexitimado
para emprender accións legais ante a difamación ou discriminación contra os
israelís. Esta é a primeira sentenza dun tribunal superior
sobre o BDS en España, despois de que un grande número de tribunais ordinarios
emitisen sentenzas contra ese movemento antisemita por todo o país, acabando
deste xeito coa súa impunidade.