Como en anos anteriores a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia organiza un curso imprescindible para o profesorado galego sobre "Ensinar o Holocausto á mocidade". A inscrición para o curso está aberta en Fprofe ate o vindeiro 19 de setembro de 2016
Horas: 30 (non presenciais, na Rede)
Temporalización: 1º trimestre (comezo en outubro de 2016)
Prazas: 50
Obxectivos:
1. Potenciar a transmisión do Holocausto no ensino a través da conmemoración do "Día da Memoria do Holocausto".
2. Estudar o Holocausto xudeu como feito histórico e contribuír á
prevención de calquera forma de violencia, racismo ou xenofobia.
3. Ofrecer ao profesorado participante formación na historia do
Holocausto así como recursos para o proceso de ensino-aprendizaxe.
Contidos:
1. Introdución e conceptos fundamentais na historia do Holocausto.
2. O Holocausto desde unha perspectiva interdisciplinar.
3. Como ensinar o Holocausto. Pautas e recomendacións.
4. Exemplos prácticos que poñen de manifesto a conmemoración do Día da Memoria do Holocausto como oportunidade didáctica.
Inscrición: www.edu.xunta.es/fprofe
.