19/06/16

Quero contarvos o meu Israel

Sarah Tuttle-Singer
Por Sarah Tuttle-Singer
Traducido e publicado en galego en NOMADASEMPRE
O meu Israel, que florece, sólido, solidario, progresista, valente. 
O meu Israel son os cultivadores que falan hebreo, e aqueles que falan árabe. Que traballan a terra con mans robustas, que queren só ver crecer as súas cousas.
O meu Israel son os activistas de Rabbis for Human Rigth, que pasan os postos de control para poder plantar un olivo.
E as mulleres novas, que desde os seus negocios de flores en Dizengoff, regalan rosas para os funerais das vítimas do terrorismo.
E os mozos e mozas que plantan árbores sobre Tu Bishvat, coa esperanza, un día, de usar aquelas ramas para facer delas o seu ramo nupcial.
E unha muller anciá que esconde unha semente na terra, para facer crecer unha figueira que non poderá ver nunca máis que como unha pequena mancha verde. Pero plántao de todos os xeitos, porque un día a súa neta terá unha neta, e ela poderá recoller os figos e sentir o doces que son.
O meu Israel desovilla campos Verdes, e frutales, cactus e clementinas, unha pradeira de xirasois en xuño, e un deserto vermello de mapoulas coas choivas estivais. O meu Israel é selvaxe na primavera, e doce de xasmíns na noite morna; pero é tamén o rotolacampo, rasgado e vagabundo, para recordarse de apreciar cando a terra se volverá novamente verde. O cal fará. Faino sempre.
O meu Israel é forte, e supera límites.
O meu Israel é o home de 83 anos cos brazos tatuados, que se esperta cada día ao alba e vai ás presas a Park HaYarkon, e que correrá a Marathon este ano.
O meu Israel é a nai soa que traballa full time e estuda Farmacia, que corre a casa para darlle de comer aos nenos, e cántalles a mesma canción que a súa nai adoitaba cantarlle, despois bebe dúas cuncas de café antes de comezar a estudar a tese en química.
O meu Israel é o raparigo coas mans levantadas sempre facendo preguntas, e a moza que fala ás agachadas sobre o inoportuna que é a ensinante, que asume a defensa dos amigos durante o recreo, e que un día unirase á defensa do seu propio pobo.
E o médico, que despois do furacán Katrina sae en avión e voa á outra parte do mundo para intentar axudar aos feridos, e reconstruír unha cidade enteira desde cero. O meu Israel son as decenas de voluntarios que son os primeiros en chegar e os últimos en marchar.
O meu Israel recorda o aluvión, e espera as novas ramas de olivo.
O meu Israel é compasivo.
O meu Israel é o condutor de autobús que se achega, e no medio dunha tormenta de area, insiste en que a muller que camiña á beira da estrada suba ao autobús, e sen pagar.
E o taxista que acompañou aos meus fillos e ao min ao hospital, cando o meu fillo non era capaz de respirar, que non quixo cobrar pola carreira, e de feito ofreceume un pequeno rosario e unha pregaria por el.
O meu Israel son os homes e mulleres que conducen até as bases militares na dura tempestade invernal, con olas cheas de sopa e chocolate quente e café para os soldados que afrontan con valentía o frío do exterior.
E os adolescentes, que son voluntarios nos orfanatos e ensinan aos nenos a ler.
E o soldado canso, que deixa o seu posto no bus para a muller embarazada con hijab, e o home coa kefia que deixa algunha moeda para o esmolante xudeu na estación de autobús.
O meu Israel son os activistas polos dereitos humanos que entregan as súas vidas por defender a quen non ten dereitos, os oprimidos, con independencia da súa raza ou relixión.
O meu israel é potencial.
O meu Israel é Shlomit e Moshe e Suha e Muhammad que mandan aos seus fillos á escola mixta hebrea e árabe en Neve Shalom Wahat Al Salaam -Oasis de Paz. E o meu Israel son os seus dous fillos que se intercambian a merenda no recreo.
O meu Israel é o xeque sobre o Monte dos Olivos que acolle aos viaxeiros cansísimos de calquera fe, de toda cultura, sempre que cheguen con mente aberta.
O meu Israel son aquelas dúas mulleres que se bican no medio do arco da vella de TelAviv, e os dous homes que adoptaron o seu primeiro neno da India, e acollérono na súa tribo con amigos e familiares como testemuñas.
O meu Israel reduce o deserto para facelo florecer, desenvolve liñas de irrigación e constrúe liñas eléctricas.
O meu Israel é o rapaciño riseiro na escola que reordena a súa mente no exército e despois decide abrir unha empresa partindo de nada, e ten éxito.
O meu Israel é un cura, un Imam e un rabino que entran nun bar para falar de fe e de Deus, e non, non é o inicio dunha broma, é o inicio dunha amizade.
O meu Israel son as persoas que mostran cando algo é desagradable, cando hai algo doloroso, cando se ten medo.
As persoas que chegan diante dunha mezquita profanada por extremistas xudeus porque “kol Ysraele arevim zeh a-zeh” (“Cada israelí é responsable de todos os demais”) non significa só que debemos facernos cargo dos outros, senón que tamén asumimos a responsabilidade polos erros do noso pobo. Estas son as persoas que toman cepillos exabrón e limpan os muros, e despois vólvenos a pintar para facelos mellores.
Persoas que van a unha manifestación cos seus nenos aínda que sexa noite profunda e haxa moita xente, e haxa un calor húmido en pleno verán, pero que van de todos os xeitos porque é importante que vaian e leven tamén aos seus nenos, porque é máis importante para eles ver o que é o cambio.
As persoas que poden quitarche o sitio de estacionar en Azrieli, pero que te abrazan cálidamente no funeral do teu tío.
As persoas que corren CARA O lugar dun atentado e non na outra dirección, porque queren axudar a salvar vidas.
Ás veces o meu Israel indígname.
É ruidoso e demasiado próximo, e esmaga e empuxa, grita e loita e láiase.
E ás veces faime desexar tirarme dos pelos, ou fuxir, cara a un lugar feito de postas de sol tranquilas e outeiros non tan complicados.
Ás veces, o meu Israel comete erros, e esquece a nosa historia -onde estivemos e sobre todo cara a onde debemos ir-.
Pero o meu Israel é máis que isto:
Nós somos traballos en curso. E así como Yaacob loitou con Deus antes de converterse en Israel, así en Israel nós loitamos coa nosa identidade. Porque somos aínda unha nación nova, construída sobre un antigo soño.
Pero ás veces teño medo de que o meu Israel estea en perigo -as forzas do extremismo, da rixidez e da intolerancia farán desaparecer aquel Israel que amo-.
Pero despois véxovos a todos vós e vexo a vosa compaixón e dedicación, e sei quesairemos adiante.
Porque o meu Israel ten bágoas nos ollos cando canta HaTikvah.
Porque o meu Israel é esperanza.
Publicado o 14-2-2016 en TIMES OF ISRAEL. Traducido do italiano (publicado o 18-2-2016 en L ‘INFORMALE) por Administrador.