Ao
mesmo tempo do acto central da celebración do 68 aniversario do Día
da Independencia de Israel, tivo lugar tamén en Madrid os pasados
días 19 e 20 de maio, un Encontro das diferentes asociacións
culturais e de amizade con Israel que operamos en España. En
representación da Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI)
asistiu tanto a recepción do Día da Independencia como ao Encontro
o noso presidente Pedro Gómez-Valadés.
Ao
longo das dúas xornadas houbo ocasión de escoitar e intercambiar
opinións e experiencias con diferentes e moi cualificadas
personalidades do mundo diplomático, académico, dos medios de
comunicación, da vida parlamentar, da cultura e do activismo contra
o antisemitismo e a xenofobia nos movementos sociais. Esteban Ibarra,
Miguel de Lucas, Ramón Pérez Maura, Jorge Marirrodriga, Uriel
Macias, José Antonio Lisbona, Jorge Cachinero, Juan Moscoso, Gabriel
Elorriaga foron algúns dos ponentes.
Desde
AGAI saudamos a magnífica iniciativa que sen dúbida servirá para
unha mellor posta en común, coordinación e optimización dos recursos e o traballo das
diferentes asociacións que actuamos no territorio español.
|
O embaixador de Israel en España, sr.Daniel Kutner e Pedro Gómez-Valadés |
|
Juan Moscoso, deputado do PSOE, membro do Intergrupo parlamentar España-Israel |
|
José Antonio Lisbona, escritor e politólogo |
|
Jon Gotzon Laburo, (Euskadi-Israel Kultur Elkartea- Asociación Euskadi-Israel |
|
Rubén Novoa, Israel a Catalunya |
|
Joana Berrio, Associació Sabadell-Israel |
|
Diego de Lucas (esq) de Centro Sefarad Israel e Uriel Macias |
|
Jorge Marirrodriga (EL PAÍS) |
|
Hamutal R.Fuch flaqueada a súa dereita por Ramón Pérez Maura (ABC) e Jorge Marirrodriga (EL PAÍS) |
|
Esteban Ibarra, presidente do Movemento contra a Intolerancia |
|
Gabriel Elorriaga, deputado do Partido Popularr e membro do Intergrupo parlamentar España-Israel |
|
Toni Florido, presidente da Associació Catalana d´Amics d´Israel |