17/05/16

10 razóns contra o movemento BDS


Por Alan M. Dershowitz

Como firme defensor da solución dos dous Estados para dous Pobos e crítico ante a política de asentamentos israelí, sinto especia consternación ante os intentos de impor desinvestimentos, boicots e sancións a Israel e máis nada que a Israel, pois o movemento BDS fai que resulte moito máis difícil  alcanzar unha solución pacífica ao conflito de Oriente Medio, algo que esixe un compromiso por todas as partes.

O movemento BDS é enormemente inmoral, ameaza o proceso de paz e desanima a que os palestinos accedan a unha oferta de paz razoable. Velaquí 10 razóns de peso polas que este movemento é inmoral e resulta incompatible cos actuais intentos de alcanzar un compromiso de paz:



1. O movemento BDS atribúe, de xeito inmoral, toda a culpa pola continuada ocupación israelí e pola súa política de asentamentos aos israelís. Négase a recoñecer a realidade histórica de que, cando menos en tres ocasiones, Israel ofreceuse a acabar coa ocupación, e esas tres veces os dirixentes palestinos negáronse a aceptar as ofertas. En 1967 desempeñei un pequeno papel na elaboración do borrador da Resolución 242 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas, a cal establecía a fórmula para acabar coa ocupación a cambio do recoñecemento do dereito de Israel a existir en paz. Israel aceptou dita resolución, mentres que os palestinos, xunto a todas as nacións árabes, reuníronse en Jartum e pronunciaron o famosos tres nons: "non á paz, non á negociación, non ao recoñecemento". Non houbo intentos de boicot, sanción ou desinvestimentos contra estes árabes que dicían que non. En 2000-2001, o primeiro ministro israelí, o laborista Ehud Barak ofreceu, xunto ao presidente estadounidense Bill Clinton, a creación dun Estado palestino e o fin da ocupación. Yaser Arafat rexeitou esa oferta, rexeitamento que moitos líderes árabes consideraron un crime contra o pobo palestino. En 2007, o primeiro ministro israelí, o centrista Ehud Olmert ofreceu aos palestinos un acordo aínda máis vantaxoso, oferta á que non contestaron. Non houbo ameazas de BDS contra quen rexeitou as ofertas de paz israelís. Agora estanse levando a cabo unhas negociacións de paz nas que ambas as partes realizan ofertas e impoñen condicións. Nestas circunstancias resulta inmoral culpar unicamente a Israel e dirixir un movemento de boicot, desinvestimento e sancións unicamente contra o Estado nacional do pobo xudeu, o cal ofreceu en tres ocasiones rematar coa ocupación en troques de paz.

2. O actual movemento BDS, sobre todo en Europa e nalgúns campus universitarios norteamericanos, anima aos palestinos a rexeitar solucións de compromiso ao conflito. Hai quen, desde dentro da dirección palestina, díxome que canto máis se resistan a facer as paces, máis poderoso volverase o movemento BDS contra Israel. Por que non esperar a que o movemento reforce a súa posición nas negociacións para que así non teñan que chegar a un compromiso renunciando ao dereito de retorno, accedendo a un Estado desmilitarizado e facendo outras concesións, necesarias para a paz, pero difíciles de aceptar por parte dalgúns palestinos? O movemento BDS está a dificultar unha solución pacífica.

3. O movemento BDS é inmoral porque os seus dirixentes nunca estarán satisfeitos coa clase de solución de dous Estados que resulta aceptable para Israel. Moitos dos seus líderes non cren nin aceptar o concepto de Israel coma Estado nacional do pobo xudeu. (O principal dirixente do movemento BDS, Marwan Barguti, declarou reiteradamente a súa oposición ao dereito de Israel a existir como Estado nacional do pobo xudeu, mesmo coas fronteiras de 1967). No fondo, por tanto, a dirección do movemento oponse non só á política de ocupación e asentamentos de Israel, senón a súa mesma existencia.

4. O movemento BDS é inmoral porque viola o principio fundamental dos dereitos humanos; é dicir, "primeiro os que están peor". Israel é un dos países máis libres e democráticos do mundo. Desde logo, é a nación máis libre e democrática de Oriente Medio. Os seus cidadáns árabes gozan de máis dereitos dos que os árabes teñen en calquera outro lugar do mundo. Forman parte da Knésset, do Poder Xudicial, do Corpo diplomático, do mundo académico e do mundo empresarial. Son libres de criticar a Israel e de apoiar aos seus inimigos. As universidades israelís son viveiros de retórica, de posturas e mesmo de ensinos antiisraelíes. Israel ten un magnífico expediente no relativo a dereitos da muller, dereitos dos homosexuais, dereitos ambientais e outros dereitos que apenas existen en moitas partes do mundo. Ademais, o seu historial no referente a evitar vítimas civís mentres combate contra inimigos que ocultan aos seus soldados entre os civís non ten comparación con ningún outro exército do mundo actual. A situación en Cirxordania, evidentemente, é outra, debido á ocupación, pero até os árabes de Ramallah, Belén e Tulkarim teñen máis dereitos democráticos, humanos e políticos que a grande maioría dos árabes do mundo na actualidade. Ademais, calquera (xudeu, musulmán ou cristián) que non estea conforme con accións israelís pode manifestar a súa desconformidade perante os Tribunais e ante os medios de comunicación, tanto no país como no estranxeiro. Esta liberdade non existe en ningún país árabe, e tampouco en moitos países non árabes. Pero Israel é o único país ameazado actualmente con boicots, desinvestimentos e sancións. Cando unha sanción diríxese só contra un Estado que goza dun dos mellores expedientes en materia de dereitos humanos, e esa nación resulta ser o Estado do pobo xudeu, debe considerarse a sospeita de intolerancia.

5. O movemento BDS é inmoral porque prexudicaría a quen non debe: prexudicaría aos traballadores palestinos que perderían os seus empregos se foran impostas sancións económicas ás empresas para as que traballan. Prexudicaría a artistas e académicos, moitos dos cales son as principais voces a prol da paz e da fin da ocupación. Prexudicaría a quen padecen enfermidades en todo o mundo, os cales poderían beneficiarse do sistema sanitario isaraelí e da colaboración entre científicos israelís e os doutros países. Prexudicaría á industria tecnolóxica de vangarda mundial, porque Israel contribúe, de maneira desproporcionada, ao desenvolvemento desa tecnoloxía que mellora a calidade de vida.

6. O movemento BDS é inmoral porque animaría a república islámica de Irán -o principal promotor mundial do terrorismo internacional- a lanzar aos seus peóns, como Hezbolláh e Hamás, contra Israel, coa esperanza de que, se este responden aos ataques con foguetes, aumentaría a presión a favor do boicot, a desinvestimento e as sancións contra o Estado israelí, como ocorreu cando respondeu os miles de mísiles e foguetes lanzados desde Gaza entre 2008 e 2009.

7. O movemento BDS é inmoral porque afasta a atención mundial sobre inxustizas maiores, como o xenocidio cristiano, yazidí, kurdo... sob o Daesh. Ao centrarse de forma desproporcionada en Israel, a comunidade prol dereitos humanos concede unha atención desproporcionadamente menor a outras ocupacións, como as que realizan China, Rusia, Marrocos e Turquía, e a outros desastres humanitarios, como o de Siria.

8. O movemento BDS é inmoral porque promove ideas falsas respecto ao Estado nacional do pobo xudeu, esaxera ate o disparate os seus defectos e, así, promove unha nova modalidade do prexuízo máis vello do mundo: o antisemitismo. Por tanto, non resulta sorprendente que o movemento BDS apareza en páxinas de internet neonazis, negacionistas do Holocausto e noutras webs abertamente antisemitas, nin que sexa promovido por algúns dos odiadores máis destacados do mundo, como David Duke.

9. O movemento BDS é inmoral porque reflicte e promove a dobre raseiro para xulgar e responder as violacións dos dereitos humanos. Ao esixirlle máis a Israel, o Estado nacional do pobo xudeu, espera menos doutros Estados, pobos, culturas e relixións, e, así, materializa unha forma de racismo colonial e de prexuízo inverso que prexudica ás vítimas das violacións de dereitos humanos cometidas por outros.

10. O movemento BDS nunca logrará os seus obxectivos. Nin o Goberno nin o pobo de Israel se renderá xamais ante os medios de extorsión implícitos no BDS. Non adoptarán -nin deberían adoptar- decisións importantes relativas á seguridade nacional e á dos seus cidadáns baseándose en ameazas inmorais. Ademais, se Israel comprometese a súa seguridade ante tales ameazas, o resultado serían máis guerras, máis mortes e máis sufrimento.

Toda a xente de boa fe que busca a paz en Oriente Medio debería unirse contra o inmoral movemento BDS. Usen as súas voces para esixir que tanto o Goberno israelí como a Autoridade Palestina acepten un compromiso de paz que asegure a seguridade de Israel e a viabilidade dun Estado palestino pacífico e democrático. A forma de avanzar non é mediante indecentes ameazas mafiosas de chantaxe que prexudican máis que benefician, senón con negociacións, compromisos e boa vontade polas partes.