09/11/15

Pésame a Efrat, nai de Omri Levy





Omri Levy tiña 19 anos e servia na Brigada Golani. O pasado 19 de outubro nun atentado terrorista na Estación Central de Be´er Sheba no Negev, caia asasinado. O soldado Omri Levy foi ascendido polo Tzahal a sarxento a título póstumo. 

Desgrazadamente non é posíbel para AGAI, transmitir directamente o noso pésame ás familias dos cidadáns israelies asasinados polo terrorismo palestino, pero neste caso é diferente. Porque Omri Levy era fillo dunha compañeira de estudos e veciña dun socio de AGAI. 

Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel queremos agradecer ao noso socio Dan Kohen pola súa colaboración imprescindíbel para poder facer chegar directamente a Efrat, nai de Omri, unha carta co noso pésame que ao tempo é, unha carta a todas as familias de todos os caidos en defensa do dereito do Estado de Israel a vivir e a vivir en paz

De seguido a carta entregada a nai de Omri Levy e a súa copia traducida ao galego: