23/11/15

O custe humano do terrorismo palestino


Dous meses, 23 vítimas mortais en Xerusalén, Tel Aviv, Gush Etzion, Be'er Sheva... sendo as vítimas israelís dende unha rapaza de 18 anos ate un vello de 78 que perderon a vida nos ataques indiscriminados dos terroristas palestinos. Hadar Buchris, unha moza de 21 anos de Safed, converteuse na vítima do terrorismo número 22 nos últimos dous meses. 

Días de relativa calma en Israel alternan con días brutais e sanguentos con ataques palestinos. Ataques que van dende os acoitelamento, os disparos e os ataques con coches. Os equipos médicos atenderon até agora 292 persoas feridas. No total de 23 vítimas ate hoxe está xa incluido o mozo israelí de 18 anos asasinado este pasado luns cando parou coa súa moto nun posto de gasolina na Ruta 443.

Terrorismo é terrorismo. Sexa en París coma en Israel. Mais as vítimas israelies do terrorismo indiscriminado palestino seica son invisibles para os nosos medios de comunicación e para a opinión pública.