Dende a Asociación Galega de Amizade con Israel - AGAI queremos
manifestar publicamente a nosa máis firme condena e rexeitamento da
actual escalada de terror e violencia desatada por elementos radicais e
fanatizados islamistas palestinos. O asasinato a coiteladas e machetazos
de mulleres, anciáns e nenos non é dende logo compatible con ningún
tipo de loita lexítima a prol da causa palestina. Simplemente son
condutas criminais e terroristas.
Dende a Asociación
Galega de Amizade con Israel - AGAI queremos tamén condenar a
irresponsable campaña de incitación desatada pola AP que só contribúe a
provocar máis violencia e terror. Salientar que ate o día de hoxe a AP
ainda non condenou ningún dos ataques terroristas cometidos estes días
en Israel.
Dende a
Asociación Galega de Amizade con Israel - AGAI facemos un chamado urxente á
calma, e a volta a convivencia pacífica. A paz poderá só ser acadada
tendendo pontes, e esta actual onda terrorista só derruba pontes
de confianza mutua entre as partes.
Vigo, 15 de outubro de 2015