09/09/15

"Lola Touza. A Schindler galega" de Vicente Piñeiro


Lola Touza (centro)


Novela editada por Toxosoutos do escritor galego Vicente Piñeiro e onde este pon a súa escrita e as paixóns en papel para relatar a historia de Lola Touza, xusta entre as Nacións e considerada a "Schindler galega", que rexentaba o quiosco da estación de Ribadavia (Ourense), e entre 1941 e 1945 decidiu axudar a fuxir a máis de 500 xudeus dunha morte segura en mans dos nazis colaborando cunha das redes clandestinas de fuga de xudeus máis importante de Europa que principiaba nos Pireneos por Girona, facía escala en Medina del Campo e chegaba até Ribadavia, tramo decisivo desde o que as irmás Touza arriscaban as súas vidas para atendelos e facilitarlles o paso a Portugal. 

Tendo a colaboración de dous taxistas chamados José Rocha, e Javier Mínguez "a Caveira", un barqueiro de nome Ramón Estévez e un emigrante retornado, Ricardo Pérez, "o Evanxelista", que facía de intérprete. Nun outeiro da capital de Israel, no milenario Jerusalén hai unha árbore prantada polo Centro Shimón Peres pola Paz en honra de Lola Touza e as súas irmás (As de Ribadavia).