12/08/15

O Mar Morto chega á Ría de Vigo


Dende hai unhas semanas está aberta en Vigo unha tenda de produtos israelíes do Mar Morto. Un luxo poder ter acceso a lama negra do Mar Morte aquí en Galicia. Situado a 416 m debaixo do nível do mar, é o punto máis baixo planeta, beneficiase de propiedades climáticas naturais, moi rico en osxíxeno (un 10% máis que a nível do mar) e dunha ausencia total de polución, ten 76 Km de longo e 17 Km. de ancho, e unha superficie de 1049 Km². A importancia do Mar Morto radica nas súas propiedades xa que as súas augas constitúen unha solución concentrada de sales, esta alta concentración de sal débese principalmente a que non posúe un desaugadoiro natural e o seu clima cálido e seco provoca unha intensa evaporación. 

O Mar Morto é o lago máis salino no mundo, debido a isto as súas augas son tan densas que fai que sexe imposible afundirse, a súa salinidade duns 350 gr. por litro, aproximadamente dez veces máis que os nosos mares, fai que resulte imposible a existencia de seres vivos. A temperatura non adoita baixar dos +10C e o grao de humidade é mínimo, ao redor do 35%. Cunha media de máis de 325 días de sol ao ano e máis de osíxeno dada unha presión atmosférica sobre os 1050 milibares, mellora a filtración das radiacións ultravioletas nocivas. A auga do Mar Morto contén 21 minerais distintos, entre os que se atopan o magnesio, calcio, bromo, potasio e algúns deles non se atopan en ningún outro mar do planeta.   

A importancia dos minerais do Mar Morto e a súa lama Negra con propiedades terapéuticas foi recoñecida dende os tempos bíblicos do Rei Salomón e a Raíña de Saba quen o utilizaban cotidianamente, atopando así o Elixir da Eterna Mocidade, sábese que Cleopatra pediu a Marco Antonio conquistar a esas terras e poder aproveitar todas as súas propiedades terapéuticas e de beleza. Os romanos crearon alí os primeiros balnearios que foron para o seu uso e goce. Xa con anterioridade, os exipcios descubriran as propiedades da lama negra para embalsamar as súas momias e tamén Aristóteles escribiu sobre as excepcionais propiedades desas augas. O Mar Morto contén 10 veces máis sales e minerais que o Mar Mediterráneo.

O dito, agora aquí en Galicia, na rúa Pizarro 39 de Vigo, podemos beneficiarnos de algunhas das propiedades medicinais, terapéuticas e cosméticas do máxico Mar Morto. 

Eis a ligazon da tenda Dead Sea:  http://dsbeautyshop.com/
e a súa páxina de Facebookhttps://www.facebook.com/deadseabs