02/08/15

Dez citas do Diario de Anna Frank



Para «manter viva a memoria» das vítimas da Shoah, do Holocausto, non hai mellor forma que lembrar a Annelies Marie Frank, coñecida como Anna Frank, a rapaza que con 13 anos de idade comezou o seu diario mentres ficaba agochada durante a ocupación nazi de Ámsterdam na II Guerra Mundial. Anna escribiu o seu diario na clandestinidade, escondida nun antigo almacén durante dous anos. O diario detense abruptamente en agosto de 1944, cando a súa familia é traizoada e finalmente enviada ao campo de exterminio de Auschwitz-Birkeanau. Só o pai de Anna (Otto) sobreviviu e publicou o diario da súa filla en 1947.

Moita xente que non leu o diario, é probable que escoitase falar de Anna Frank ou visto unha das moitas adaptacións cinematográficas. Outras moitas persoas visitarían o museo de Anna Frank en Amsterdam. Pero a mellor maneira de experimentar o diario é ler este desgarrador libro que axudará a manter viva a nosa memoria. E para animar á súa lectura recollemos 10 citas do «Diario dunha moza nova» de Anna Frank que farán que vostede desexe sentar de inmediato a ler este marabilloso e impresicidible libro: 
Edición en galego "Kalandraka"

- «Escribir un diario é unha experiencia moi estraña para alguén coma min. Non só porque eu nunca escribín nada antes, tamén porque pareceme que máis adiante nin eu nin ninguén estará interesado nas reflexións dunha rapaza de trece anos de idade».

- «Que marabilloso é que ninguén teña que agardar un intre antes de comezar a mellorar o mundo!».

- «Eu sei o que quero, teño un obxectivo, unha opinión, teño unha relixión e teño amor. Déixame ser eu mesma. Sei que son unha muller, unha muller con forza interior e unha chea de coraxe».

- «Non permitesenos ter a nosa propia opinión. A xente quere que manteñamos a boca pechada, pero iso non impíde ter a túa propia opinión. Todo o mundo debe poder dicir o que pensa».

- «As mulleres deben ser respectadas! En termos xerais, os homes son tidos en grande estima en todas partes do mundo, así que por que non poden as mulleres ter a súa parte? Aos soldados e aos heroes da guerra hónraselles e conmemora, aos exploradores outórgaselles fama inmortal, os mártires son venerados, pero cantas persoas ven ás mulleres tamén como soldados?».

- «Toda persoa ten dentro súa algo bo. A noticia é que vostede non sabe o grande que pode ser. Cando se pode amar, Canto se pode lograr!».

- «É difícil en tempos como estes pensar en ideais, soños e esperanzas, só para ser esmagados pola crúa realidade. É un milagre que non abandonade todos os meus ideais. Con todo, aférrome a eles porque sigo crendo, a pesar de todo, que a xente é boa de verdade no fondo do seu corazón».

- «O que faise non se pode desfacer, pero pódese previr que volva ocorrer».

- «Non penso na miseria senón na beleza que aínda permanece».

- «Quen é feliz fará felices aos demais tamén».
Ler