25/08/15

Daniel Kutner, novo Embaixador de Israel en Madrid

 
Daniel Kutner, novo Embaixador de Israel en España

Daniel Kutner, un apaixonado da pintura, tivo desde neno relación coa cultura española.  Durante a súa formación universitaria especializouse no Mundo Islámico e escribiu a súa tese sobre as Relacións entre España e Oriente Medio.  Agora está a cumprir a meta que se fixou na súa carreira diplomática, a de ser Embaixador de Israel en Madrid.  A súa misión quere traer a España a verdadeira Israel, con toda a súa enerxía creativa, e contribuír a que os nosos dous pobos, que teñen un pasado común, tamén teñan un futuro común.

Curriculum Vitae do Embaixador Daniel Kutner

Experiencia profesional

Até Agosto de 2015, O Embaixador Daniel Kutner foi Xefe da Oficina para América do Norte no Ministerio de Asuntos Exteriores de Israel. Como tal, asistiu ao Director Xeral para América do Norte na supervisión do tres departamentos da división (Goberno, Congreso e Consulados) con responsabilidades específicas nas relacións con Canadá e no tema de "minorías  emerxentes" nos Estados Unidos.

Até setembro de 2012, foi Cónsul Xeral de Israel na rexión do Atlántico Medio dos Estados Unidos, con sede en Filadelfia, durante catro anos.

O Embaixador Kutner ingresou no Ministerio de Asuntos Exteriores en xaneiro de 1983. Desempeñou cargos en Filadelfia, en Nova York, como Cónsul de Asuntos Académicos nos Estados Unidos e como segunda xefatura das Embaixadas de dous países de América do Sur: Venezuela e Bolivia.

No Ministerio de Asuntos Exteriores en Xerusalén, foi Xefe da Oficina de Asuntos Económicos e Estratéxicos no Centro de Investigación Política, onde ocupou anteriormente diversos cargos relacionados con Oriente  Medio, como Director de Asuntos para Palestina e Xordania, Exipto e Norte de África, e Director da División de Asuntos libaneses e sirios, así como, Analista Principal para África do Norte e Siria.

Actualmente é Embaixador de Israel en España e Andorra.

Estudos

O Sr. Kutner ten un Máster cum laude en Ciencias Políticas/Estudos de Seguridade Nacional (Universidade de Haifa, 2005), un Máster cum laude, en Historia dos países musulmáns (Universidade Hebrea de Xerusalén, 1986) e unha dobre Licenciatura en Historia europea e estudos de Oriente Medio (Universidade Hebrea, 1977). É graduado da Academia de Seguridade Nacional ?NSC? (2005), realizando o Curso Superior Nacional de Intelixencia (2002) e outros estudos especializados.

Persoal

O Embaixador Kutner, natural de Buenos Aires (Arxentina), chegou a Israel en 1973. Está casado e ten dúas fillas.