15/08/15

Comunicado AGAI: boicot antisemita a cantor Matisyahu en Benicassim



AGAI condena enérxicamente o boicot antisemita do Festival de Rototom en Benicassim

Dende a Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI queremos manifestar públicamente a nosa máis firme condena do veto e boicot nidiamente antisemita sufrido polo cantante xudeu norteamericano Matisyahu no Festival Rototom en Benicassim.

Que as accións e campañas promovidas pola plataforma BDS (Boicot, Desinversión, Sancións) son antisemitas é algo que saltaba xa a vista en calquera das súas actuacións anteriores, mais por se ficaba algunha dúdida na opinión pública, o progrom cultural ao que foi sometido un artista nortemaricano polo seu "delicto" de ser xudeu, deixa ainda máis nidios os fins, formas e maneiras de actuar xenófobas e totalitarias de BDS.

Como podemos cualificar a esixencia ao cantante xudeu nortemanericano Matisyahu dunha explícita e pública toma de posición política como condición sine qua non a súa prevista actuación o vindeiro día 22 sería prohibida? 

Pídese a todos os participantes a xeito de "certificados de boa conduta", tomas de posición politica e públicas para poder actuar?

Por qué dende BDS non se incitan e promoven campañas de boicot contra por exemplo Marrocos (Sáhara Occidental) Turquia (Kurdistan) China (Tibet) ou contra infinidade de estados totalitarios nun mundo onde as violacións constantes dos máis elementais Dereitos Humanos son de sobra coñecidos e acreditados pola comunidade internacional?

BDS xamais actuaria contra un artista iraniano, chinés, norcoreano, saudí, cubano, etc... o obxecto único da súa obsesión xenófoba limítase a boicotear aos xudeus e xa que logo, ao único estado xudeu no mundo.

Dende a Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI denunciamos máis unha vez, as prácticas habituais de BDS de chantaxes e presións gansteriles e antisemitas.

Dende a Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI demandamos das institucións que contribuen con diñeiro público a celebración do Festival Rototom en Benicassim a esixir responsabilidades polo uso discriminatorio das súas subvencións. Confiamos en que a Generalitat valenciana faga pública unha postura clara contra esta intolerable mostra de xenofobia que ten lugar nun evento da súa comunidade.

Vigo, 15 de agosto de 2014