15/06/15

Declaracións do Alcalde da Coruña (RNE-15.06.15)




Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI queremos manifestar o noso malestar polas declaracións efectuadas hoxe luns día 15.06.2015 polo Alcalde da Coruña, Sr. Xulio Ferreiro no programa "Las mañanas de Radio 1" de RNE. Declaracións nas que desculpaba e minimizaba os tuits antisemitas do concelleiro en Madrid, Guillermo Zapata.

Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI preguntámonos se a súa actitude comprensiva e indulxente para co concelleiro madrileño tería sido a mesma se os tuits en cuestión foran de contido brutalmente homófobo, machista, xenófobo...?

Por que desculpar e minimizar uns comentarios a todas luces intolerables e moito máis nun representante público da cidadanía, nun cargo intitucional na capital do estado?

Vigo, 15 de xuño de 2015